Materiais de literatura

1. Álvaro Cunqueiro
Cinco actividades interactivas sobre diversos aspectos da biografía, os trazos da narrativa e un par de textos deste escritor. Para 4º de ESO ou como repaso básico para 2º de bacharelato.

2. As vangardas
Presentación en power point sobre as vangardas en Europa e Galiza. É un material introdutorio previo á explicación de Manuel Antonio. Foi elaborado para 4º de ESO, para ocupar unha única sesión de clase, pero tamén se podería empregar en 2º de bacharelato ampliando a información.
Podedes consultar xa unha versión ampliada con textos e máis cadros enviada por
Noemí Pazó.

3. SÓS de Manuel Antonio
Para traballar conxuntamente lingua e literatura en 4º de ESO, despois de explicar Manuel Antonio, propúxenlle ao alumnado unha actividade de creación a partir do poema "SÓS": por equipos, deben elaborar un novo texto seguindo estritamente o esquema sintáctico do orixinal; a temática é completamente libre. Móstrovos dous exemplos dos resultados de distintos anos, un sobre a inmigración e outro escrito cando acababa de entrar en vigor a lei antitabaco.

4. Catro autores de Deza
Investigación do alumnado de literatura de 2º de bacharelato do curso 2002-03 sobre Carlos Negro, Mario Pereira, Celso Fernández Sanmartín e Isolda Santiago. Sobre cada un dos autores inclúense os seguintes apartados: datos xerais, obra, antoloxía de textos, entrevista e bibliografía. Despois de estudar esta información pódense realizar un test e un encrucillado sobre eles.

 

Materiais doutras páxinas

 

1. Literatura medieval

2. Literatura do séc. XIX

3. Literatura do séc. XX-XXI

4. Contidos xerais, antoloxías e creación literaria