|
|
|
|
|
|
1.
Hortografía.
O cultivo das palabras: un negocio con futuro
Material para traballar a expresión
escrita, dirixido a 3º ou 4º de ESO ou á
Diversificación Curricular. Consta de dúas partes:
a primeira é un paquete de 80 actividades interactivas
elaboradas con Hotpotatoes
e Ardora
e a segunda, a webquest
"Turistas de palabra". Contén indicacións
didácticas e avaliación.
As actividades abordan contidos de corrección léxica,
ortográfica, morfolóxica e sintáctica;
puntuación e as propiedades textuais. Tamén
se ofrecen propostas de exercicios en pdf para imprimir.
A webquest simula un intercambio turístico: o alumnado
ten, primeiramente, que informarse sobre Brasil, Arxentina,
China e Irlanda para escoller o destino da súa viaxe;
posteriormente, deberá elaborar un folleto de viaxe
sobre Galiza para os turistas cos que vai realizar o intercambio.
|
|
2. Revisión/ampliación
de 1º ESO (1º trimestre)
Paquete de 15 actividades
interactivas e autoavaliables para revisar e ampliar os contidos
do primeiro trimestre de 1º de ESO. A información
didáctica máis concreta pódese consultar
neste documento.
|
|
3.
Cando
ti naciches o mundo xa era mundo...
Adaptación da webquest de iniciación
"O día do teu nacemento" de Mario Aller.
A tarefa central é que o alumnado investigue sobre
o que acontecía no mundo na época do seu nacemento
(sucesos, noticias, cine, literatura e música) para
presentar un informe final. Está elaborada para alumnado
nacido nos anos 1990, 1991 ou 1992, pero pódese descargar
e modificar con facilidade.
|
|
4.
As propiedades textuais
a)
A coherencia
Versión
1: Material para traballar
as propiedades textuais en 2º de bacharelato. Contén
unhas indicacións teóricas breves sobre o concepto
de coherencia e os erros máis habituais relacionados
con ela, ademais dun anexo detallado sobre o emprego dos signos
de puntuación. A parte práctica consta de 12
actividades que pretenden incidir na selección e organización
da información (incluíndo exercicios de puntuación)
e mais na corrección das impropiedades e imprecisións
léxicas.Tamén se aproveita para revisar os esquemas
de ideas, os resumos e os títulos.
Versión
2: Versión
reducida do material anterior que contén unha breve
explicación do concepto de coherencia, unha táboa
dos erros máis frecuentes coas súas solucións
e 5 actividades. Como segunda parte do tema inclúense
as definicións; explícanse a definición
lóxica e a nominal e propóñense actividades
para cada tipo de definición.
b)
A
cohesión
Continuación do material anterior para 2º de bacharelato.
Segue o mesmo esquema, con información básica
sobre os mecanismos de cohesión e os problemas máis
frecuentes relacionados con esta propiedade. A parte práctica
está constituída por unha ducia de actividades
que abordan o recoñecemento e localización dos
mecanismos de cohesión, a pobreza léxica, a
orde dos elementos oracionais e a imprecisión e repetición
dos nexos.
c)
A
adecuación
Información teórica sobre
o concepto de adecuación, os trazos característicos
dos rexistros formal e informal e diversos aspectos da corrección
morfolóxica. Achéganse tamén seis actividades
que abordan, basicamente, a diferenciación de rexistros
e a corrección da linguaxe sexista.
d)
Reforzo
e ampliación
Conxunto de 11 actividades de reforzo e ampliación
sobre as propiedades textuais. As que son de resposta pechada
inclúen as solucións. Así mesmo, facilítase
un patrón de autocorrección para o alumnado.
|
|
5.
Sintaxe
2º bacharelato: teoría e práctica
Adaptación e simplificación en pdf da teoría
funcionalista de análise sintáctica para o alumnado
de 2º de bacharelato. Proponse unha representación
arbórea e abórdanse os conceptos de función
e unidade, así como unha clasificación destas,
propoñendo solucións a casos problemáticos
habituais. Trabállanse as oracións simples,
as coordinadas e as subordinadas de relativo, substantivas
e adverbiais. Inclúense 7 actividades e mais un apartado
de reforzo e ampliación con outras 5, neste caso con
solucións.
|
6.
A argumentación e o comentario crítico
Material para traballar a argumentación
e o comentario crítico en 2º de bacharelato. Na
primeira parte que abórdase a teoría sobre os
textos argumentativos (estrutura, tipoloxía de argumentos
e trazos lingüísticos), que se completa con tres
actividades de carácter práctico. A segunda parte
fornece unha serie de pautas para a elaboración dun comentario
crítico, un modelo de texto comentado e catro propostas
máis de textos para comentar. No apartado de ampliación
e reforzo ofrécense outros nove textos. |
|
7. Repaso
xeral de 2º de ESO
Paquete de 20 actividades creadas con
Hotpotatoes que repasan aspectos xerais do currículo
de 2º de ESO: ortografía,
historia da lingua,
sintaxe, léxico,
cantigas de amigo,
Rosalía
e Curros.
|
8. Esquemas
e mapas conceptuais
Repaso guiado en pdf de como facer esquemas e mapas conceptuais
con breves notas teóricas e diversos textos para practicar.
Esquemas 3º
ESO
Esquemas e mapas
4º ESO
|
|
Materiais doutras
páxinas (1)
|
|
|
|
1.
Lingua escrita
Gramática
- Contidos
xerais
- Manual
básico de gramática do proxecto
LOIA do Consello da Cultura Galega
- Síntese
gramatical de Xesús M. Mosquera e Sara
Pino en pdf na web da Universidade da Coruña
- Materiais para a preparación do Celga
1, Celga
2, Celga
3 e Celga
4 na web da SXPL
- Curso
de lingua galega en wikibooks con teoría
e actividades
- Presentación
sobre os cambios da normativa no 2003 no Caderno
de Cores
- Vídeo
humorístico sobre a nova normativa
localizado en Vimeo. Duración 4,58 minutos
- Dicionario
de pronuncia: aplicación baseada no
Dicionario de pronuncia da lingua galega publicado
pola RAG
- Encrucillados
sobre conceptos teóricos de fonética,
fonoloxía, morfoloxía e léxico
no Dpto. do IES de Valga
- Exercicios
variados sobre diversos aspectos de gramática
e léxico de Vitoria Ogando e Anxo González.
Case todos son para realizar en papel.
- Exercicios
interactivos sobre verbos, determinantes,
pronomes, ortografía, puntuación,
acentuación, castelanismos, léxico
e clases de palabras do Dpto. de Lingua e Literatura
do IES Otero Pedrayo
- Patrón
de autocorrección da expresión
escrita feito por Román Landín
- Blogue
sobre dúbidas lingüísticas.
Pode ser unha recomendación útil
para o alumnado de calquera nivel
- Letradas:
xogo para formar palabras na páxina da
AS-PG
- A
Curuxa: xogo tipo oca na páxina da
AS-PG.
- Ortografía
- Morfosintaxe
2. Lingua
oral
3. Sociolingüística
4. Historia
da lingua
5. Selectividade
|
| |
|
|
|
|