|
|
|
|
|
|
1. Carlos
Negro: Makinaria. Guía de lectura
Paquete
de actividades LIM para traballar
a lectura deste poemario elaboradas para o alumnado de 2º,
3º, 4º de ESO ou Diversificación curricular.
Preséntase en dúas versións: Gozar
da paisaxe e Ir
polo atallo. A primeira é máis ampla e consta
de 40 actividades, que se reducen a 30 na segunda, ademais
de estaren abreviadas algunhas delas. A descrición
xeral da versión completa do material, os requisitos
técnicos e as suxestións didácticas poden
consultarse neste documento.
|
|
2.
Fran
Alonso: Poetízate
Guión de traballo en pdf sobre
esta antoloxía poética para o alumnado de 4º
de ESO. Aquí
podedes ver un vídeo elaborado a partir dun poema de
A. García Teijeiro e na web do centro móstranse
outros resultados
deste traballo.
|
3. Velocidade
lectora
Texto para calcular a velocidade
lectora do alumnado e mais dúas láminas de
palabras con exercicios
para mellorala. O material pódese usar en calquera nivel,
pero está especialmente enfocado ao alumnado que presente
dificultades na lectura.
|
|
4. O achado do castro
Paquete de 12
actividades en pdf para traballar despois da lectura dramatizada
na aula do texto O achado do castro de Manuel Núñez
Singala. Ademais tamén se inclúe un test
de lectura. Pode resultar especialmente útil para
o alumnado de Diversificación Curricular de 3º
ou 4º. Este material foi elaborado en colaboración
con Noemí Pazó
e Begoña González
Cuñarro.
|
|
5. Libros
a exame
Valoración dos libros de lectura
do alumnado de varios cursos de 4º de ESO. Os best-seller
son Aire negro, Agosto do 36 e Gárgola.
|
|
6. O
top 10 da lectura
Selección de lecturas do alumnado
de Diversificación Curricular de 3º de ESO. Cada
libro está brevemente comentado. Ademais, ofrécese
unha actividade interactiva para realizar despois da lectura
e unha ligazón a páxinas con información
das autoras e autores.
|
|
7. Recensións
do alumnado
Diversas recensións realizadas
por alumnado de 2º de bacharelato, ademais dun especial
sobre Orixe
de Séchu Sende.
|
|
8. Listas
de lectura
|
| |
|
Materiais doutras
páxinas
|
|
|
|
1.
Listas de lectura
- Lecturas
recomendadas para 1º, 2º, 3º e 4ºde
ESO para o curso 2011-12 do IES Lamas de Castelo
- Lecturas para 1º
de ESO, 2º
de ESO, 3º
de ESO, 4º
de ESO e 1º
Bach., cunha breve información e comentarios
no blogue Colegas
das palabras
- Lecturas
optativas para 1º de bacharelato,
enviadas por Gracia Santorum.
- Lecturas
para todos os cursos do Dpto. de Lingua e Literatura
do IES Sánchez Cantón
- Lecturas
para todos os cursos con resumos do contido e
opinións de cada libro de Anxo González
e Vitoria Ogando
- Boletín
de lecturas Libros á carta… para 2º
e 3º de ESO para o
curso 2008-09 de Román Landín. Inclúe
unha ampla e variada lista de libros, as súas
recensións, o sistema de avaliación,
unha ficha de lectura e ligazóns a páxinas
de interese para o alumnado. Algunhas lecturas teñen,
ademais, un guión de traballo específico
que tamén se pode consultar no mesmo blogue.
- Boletín
de lecturas Libros á carta… para 4º
de ESO para o curso 2008-09 de Román Landín.
Inclúe unha ampla e variada lista de libros,
as súas recensións, o sistema de avaliación,
unha ficha de lectura e ligazóns a páxinas
de interese para o alumnado.
- "Narrar
o medo": lista de lecturas sobre esta temática
para 2º e 4º de ESO elaborada por Román
Landín para o curso 2010-2011. Inclúe
información sobre cada obra.
|
|
2.
Propostas de traballo
e guías sobre libros concretos
-
- Tamén en Revolta
da freixa figuran estas miniquest:
-
Gatos
e leóns de Neira Cruz: actividades
elaboradas por Concha Blanco para 1º de ESO
-
-
- Made
in Galiza de Séchu Sende: guía
de lectura, moi exhaustiva e variada, elaborada por
Pilar Ponte
-
Poetízate:
diversas guías de lectura desde o blogue
do autor, Fran Alonso
- O
meu gato é un poeta de Fran Alonso:
web interactiva
- Cidades
de Fran Alonso: guía didáctica e outros
recursos no blogue do autor
- A
piragua de Cándido Pazó:
caderno pedagóxico de Ánxela Gracián.
3.
Test e xogos sobre libros concretos
|
|
4.
Experiencias de lectura
-
Blogue
As
estelas dos ronseis de Gracia Santorum e Anxo
Fernández , creado para publicar os resultados
dunha experiencia de lectura cun grupo de 4º
de ESO. O alumnado escolle un libro dunha ampla
lista proposta e vai anotando no seu caderno as
sensacións, sentimentos, impresións
e comentarios que lle provoca a lectura; posteriormente,
estas anotacións trasládanse ao blogue.
Libros tan diferentes como O diario de Ana Frank,
Cartas de amor, Made in Galiza, O hobbit, Seda,
A lingua das bolboretas, Xuntos e máis nada,
Tres segundos de memoria ou
O diario vermello de Carlota aparecen comentados
polo alumnado. Aquí podedes consultar a lista
de lectura completa.
|
| |
|
|
|
|
|