Despois de seleccionardes, por consenso de toda a familia, o país ao que queredes viaxar, teredes que elaborar un folleto de viaxe para os vosos visitantes; deberá ser detallado, adecuado aos seus intereses e tan atractivo que non poidan rexeitalo! Non esquezades que a vosa viaxe depende de que eles acepten a proposta que lles fagades.
Van estar en Galiza 15 días e queren coñecela, pero tamén divertirse. Ademais, todos veñen aquí con algún interese engadido que vós deberedes atender. No apartado seguinte tedes detallada toda a información necesaria para o voso traballo.