Temos un país bonito, va que si? E cantas outras cousas bonitas debe haber por aí adiante! Ai, se tiverades máis cartos... Pero tedes unha casa estupenda en Vila de Cruces, cómoda e tranquila; e tedes a Sabela e Marcos, que andan sempre fedellando... esta rapazada de hoxe en día, xa se sabe... Pois grazas ás súas fedelladas ides poder facer realidade un dos vosos soños! Ala, ide cavilando no voso destino...
Que tal...

|
ou...

|
se cadra preferides...

|
ou algo máis exótico...

|
Co esforzo duns días poderedes viaxar a Brasil, Irlanda, Arxentina ou China, o que vós escollades.
Sabela e Marcos colocaron a vosa casa en internet para facer un intercambio turístico: un grupo de xente vén á vosa casa e vós ides á súa. Queren vir do 15 ao 30 de xullo e xa tedes catro ofertas, así que... a traballar!!