| |
|
|
| |
Obxectivos
Os seus obxectivos relaciónanse con tres ámbitos: a corrección das producións escritas, o manexo das novas tecnoloxías e o traballo cooperativo. Son os seguintes:
-
Seleccionar, organizar e transformar axeitadamente a información.
-
Redactar textos coherentes, ben cohesionados e adecuados a unha situación comunicativa dada.
-
Producir textos escritos correctos, tanto desde o punto de vista ortográfico como léxico e gramatical.
-
Presentar correctamente textos de distinto tipo.
-
Ampliar coñecementos sobre o manexo das novas tecnoloxías como ferramentas útiles para a formación persoal.
-
Asumir responsabilidades individuais, traballar de xeito cooperativo e respectar a opinión dos demais.
Competencias
Das competencias básicas que establece o currículo para a segunda etapa de ESO, con esta webquest incídese nas seguintes:
1. Competencia en comunicación lingüística: a dquisición de destrezas que permitan un uso correcto e eficaz da lingua escrita en diversos contextos.
2.
Competencia social e cidadá: adquisición de destrezas para compartir e respectar saberes e referencias culturais; mellora na práctica de normas sociais de convivencia e no emprego da negociación para chegar a acordos.
3.
Competencia no tratamento da información dixital: emprego de ferramentas dixitais para mellorar as habilidades de obtención, transformación e produción de información.
4.
Competencia cultural e artística: coñecemento e valoración da diversidade cultural de Galiza, Arxentina, China, Irlanda e Brasil.
5.
Competencia para aprender a aprender: perfeccionamento das estratexias para localizar e emendar erros nas producións escritas co fin de ofrecer unha información clara e efectiva.
6.
Autonomía e iniciativa persoal: intervención nunha situación de comunicación simulada; localización e selección da información; uso crítico das TIC.
Contidos
-
Adquisición e valoración da información xeral sobre Brasil, Arxentina, Irlanda e China
-
Ampliación de coñecementos sobre o turismo en Galiza e selección da información obtida a este respecto
- Coñecemento e valoración crítica da música galega actual, particularmente do hip hop e o pop
- Coñecemento e valoración crítica de diversas iniciativas de agricultura ecolóxica en Galiza
-
Coñecemento e valoración crítica do sector da moda galega
-
Coñecemento e valoración crítica do labor dos centros de información sobre sexualidade en Galiza
-
Elaboración correcta e adecuada de esquemas e folletos turísticos.
Temporalización
Serán necesarias, aproxidamente, unhas 10 sesións de clase para desenvolver a webquest. En cada unha das actividades estáblecese un tempo orientativo, pero cada profesor/a deberá adaptalo ao ritmo e posibilidades do seu grupo-clase. Proponse a seguinte temporalización:
- Lectura da información da webquest, desde a introdución á conclusión: media sesión
- Fase 1, actividade 1: sesión e media
- Fase 1, actividade 2: sesión e media
- Fase 2, actividades 1 e 2: sesión e media
- Fase 2, actividade 3: tres sesións
- Fase 2, actividade 4: déixase a criterio do profesorado, pero calcúlanse dúas sesións para a súa realización e mais para cubrir a ficha de autoavaliación.
Metodoloxía
Preténdese fomentar o traballo cooperativo, polo que se combinan actividades individuais con outras de grupo ou subgrupos. O profesorado deberá decidir ao comezo de todo o proceso como realiza as agrupacións; o ideal sería que fosen catro persoas por grupo porque iso facilitaría o reparto do traballo: cada persoa ocúpase dun país e os subgrupos serían de dous membros.
Convén insistir na necesidade de que lean todo o proceso antes de comezar e aclarar todas as dúbidas que puidesen xurdir. Así mesmo, o profesorado deberá decidir de antemán o soporte en que se deberá entregar o traballo (en papel ou en formato electrónico), segundo os coñecementos do alumnado e a dispoñibilidade de recursos. Se o alumnado non ten acceso á impresora durante o desenvolvemento do proceso, é conveniente facilitarlles copias impresas dos seguintes documentos: ficha de valoración de países, folleto de viaxe e ficha de autoavaliación.
Se se dispón de tempo, unha vez elaborados todos os folletos poderíase organizar unha exposición oral para o conxunto da clase. No caso de que varios grupos coincidisen no país, conviría comparalos e debater cal é máis adecuado.
Avaliación
A avaliación do proxecto presenta tres vertentes: avaliación do traballo do alumnado, autoavaliación do alumnado e avaliación da propio proceso de aplicación da webquest. Deseñáronse instrumentos específicos para a valoración de cada unha delas: táboa de avaliación do alumnado, ficha de autoavaliación e avaliación da webquest.
Ofrécese máis información no apartado correspondente de avaliación.
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|