uristas de palabra
 


Avaliación

Con esta webquest preténdese que os alumnos e alumnas avancedes na aprendizaxe dos seguintes aspectos:

  • Seleccionar, organizar e transformar axeitadamente a información.
  • Redactar textos coherentes, ben cohesionados e adecuados a unha situación comunicativa dada.
  • Producir textos escritos correctos, tanto desde o punto de vista ortográfico como léxico e gramatical.
  • Presentar correctamente textos de distinto tipo.
  • Ampliar coñecementos sobre o manexo das novas tecnoloxías como ferramentas útiles para a formación persoal.
  • Asumir responsabilidades individuais, traballar de xeito cooperativo e respectar a opinión dos demais.
     







 
 


Tendo en conta estes obxectivos, o voso traballo vai ser valorado segundo a seguinte táboa de avaliación. Convén que a leades con atención porque vos pode dar pistas sobre como debedes traballar. Non obstante, tamén nos parece moi importante a vosa opinión sobre todo este proceso, polo que, ao rematardes, deberedes cubrir esta ficha de autoavaliación.