Le o texto da esquerda e responde o cuestionario. Para saber se vas ben preme en "Comprobar respostas". Coidado co tempo. Cando remates deberás ler a "Valoración global".
–Si, esa si que a vin. É a adaptación dunha antiga novela de Dürrenmatt, O xuíz e o seu verdugo. Lina nunha edición antiga que ten miña nai, que por algo é bibliotecaria. Era un libro moi bo.
–E tamén está moi ben Nicholson aínda que por veces sobreactúa e acena demasiado. E sabes cal me gustou moito tamén? Shiner, con Michael Caine, coñécela Ostras Michael Caine fai dun vello mafioso que ten un fillo e metéuselle no tarro que o fillo sexa boxeador, e ben se ve de primeiras que o fillo é un pobre miñaxoia, que non ten nin media labazada e que nunca chegará a ningures como boxeador, pero o pai xoga todo canto ten, todo porque el tamén é un miñaxoia, arruinado e non tan importante como parecía de principio É caralluda.
Carlota detívose diante do escaparate dunha pequena papelería de barrio.
Martín, A. e Ribera, J.: O diario vermello de Flanagan, Galaxia, 2006
Na segunda intervención do diálogo, a de Flanagan, faltan os seguintes signos de puntuación: coma, interrogación, coma, coma e puntos suspensivos. Copia e pega ese fragmento e colócaos.
Na seguinte lista, marca todas as características que presente este texto:
Dos seguintes exemplos, selecciona os que sexan frases feitas:
"Tamén", "fillo" e "boxeador" neste texto serían exemplos de
Palabras comodín
Léxico repetitivo
Expresións de apoio
Para que se utilizan as palabras "sabes" (E sabes cal me gustou moito tamén?) e "coñécela" (Shiner, con Michael Caine, coñécela?) neste texto?
Para chamar a atención da interlocutora e indicar proximidade con ela.
Para marcar distancia coa interlocutora.
Para mostrar enfado.
Tendo en conta as respostas anteriores, en que tipo de rexistro está escrito este texto?
Rexistro informal.
Rexistro formal.
En que situacións das seguintes se podería utilizar este texto?
Agora pretendemos escribir nun rexistro formal a intervención de Flanagan. Selecciona a opción que che pareza máis adecuada.
–E tamén está moi ben Nicholson, aínda que por veces sobreactúa e acena demasiado. Tamén me gustou moito Shiner, con Michael Caine. Michael Caine fai dun vello mafioso que ten un fillo; metéuselle no tarro que o fillo sexa boxeador pero xa se ve que o fillo é un pobre miñaxoia e que nunca chegará a ningures como boxeador; mais o pai xoga todo canto ten, porque el tamén é un miñaxoia, arruinado e non tan importante como parecía de principio… É caralluda.
–E tamén está moi ben Nicholson, aínda que por veces sobreactúa e acena demasiado. Tamén me gustou moito Shiner, con Michael Caine. Michael Caine fai dun vello mafioso que ten un fillo. Quere que el sexa boxeador pero xa se ve que o fillo é un coitado que nunca chegará a ningures; mais o pai xoga todo canto ten, porque el tamén é un miñaxoia, arruinado e pouco importante… É magnífica.
Tamén está excelente Nicholson, aínda que por veces sobreactúa e xesticula demasiado. Encantoume, así mesmo, Shiner, protagonizada por Michael Caine. Interpreta a un vello mafioso que pretende que o seu fillo se converta en boxeador; porén, xa desde o comezo se constata que o mozo non ten aptitudes. Así e todo, o pai, arruinado, insiste e arrisca todo o que ten para lograr o seu propósito. É magnífica.
Volve ler o texto da esquerda e fíxate agora na súa presentación. Marca todas as afirmacións que consideres correctas a respecto dela.
Agora indica as correccións que se deberían realizar no texto para mellorar a súa presentación: