+ Puntuación

Coloca os signos de puntuación que faltan no texto. Cando remates fai clic en "Comprobar respostas".

O botón de Lola

Venres 2 de maio

Visitei a Lola, unha anciá desconcertada pola rápida inexorable deterioración do cerebro. As súas mans amarelas, o seu rostro amarelo lémbranme unha pedra cuberta de brións Hai veces que, antes de premer o timbre, me pregunto se a Lola lle nacería un lique novo na fronte, se se consumiría tanto que só vou atopar unha presada de po no corredor. Hoxe encontreina triste pero moi elegante Despois, á luz da galería, descubrín o rebordo de sucidade nos puños e no colo da camisa e a ausencia dun botón no peito. Un baleiro que xa non haberá maneira de encher, porque cada vez serán máis os botóns que falten e cada vez serán menos as lembranzas que lle manteñan a mirada firme.
Sentei ao seu lado e deille unha carta para asinar. A súa man tremeu agarrou o bolígrafo e sen máis parou asustada sobre o papel. Miroume dende as profundidades dun pozo de terror e díxome
Esquecín o meu nome
E, sen máis, botouse a rir. Na súa risa como na letra dun vello tango só había ganas de chorar.

Anxos Sumai: Melodía de días usados, Galaxia, 2005