A campaña En galego con toda seguridade buscara que o idioma de Galicia se converta na lingua vehicular de todas as forzas de seguridade que operan na comunidade e contribuir asi a afianzar o proceso de normalizacion lingüistica. A iniciativa, materializada a traves da publicacion dun libro que leva ese mesmo titulo, foi presentada onte nun acto no que participou o presidente da Xunta, Emilio Perez Touriño. O mandatario instou aos corpos de seguridade a que "eliminen as barreiras" para que todos os cidadans teñan os seus dereitos lingüisticos. [...] Pola sua parte, o responsable do colectivo que impulsa a campaña, a Asociacion de Funcionarios pola Normalizacion Lingüistica, Xoaquin Monteagudo, aseverou que "nunca" en "ningun sitio" se impulsou unha medida similar, na que todas as forzas de seguridade se unisen para fomentar o uso dunha lingua. Asi, Monteagudo afirmou que buscan crear un "clima social favorable" para que o galego sexa "a lingua de todas as policias do pais". Nesta mesma liña expresouse o xefe da Policia Local de Pontevedra, Daniel Macenlle, que recoñeceu que este idioma "estivo relegado", polo que apostou por "defendelo sen distincion de ideoloxias, porque e a nosa esencia como pobo". No acto, interveu o xefe da Policia Autonomica, Manuel Bouzas, que aludiu a "necesaria convivencia" entre galego e castelan. Ademais, salientou o papel do galego a hora de loitar contra os incendios e de operar no medio rural. Pechando as intervencions, o xefe superior da Policia Nacional en Galicia, Luis Garcia, incidiu no valor do galego como "ferramenta de servizo”.