Responde o cuestionario. Coidado co tempo. Para saber se o vas facendo ben dálle a "Comprobar respostas". Ao que remates tes que ler a "Valoración global".
Copia e pega o seguinte texto do libro Reporteiro de guerra en Iugoslavia de Delmi Álvarez para colocarlle os puntos; son oito. Realiza tamén os axustes necesarios nas maiúsculas: O ultimato dos serbios dicía algo así: “Se as vosas armas son os lapis e as cámaras, as nosas serano as balas e os canóns” dito isto comezou a conta atrás as advertencias non cesaban: “Se denunciades as actuacións do exército serbio, utilizaremos as armas contra todos vós”, declarou un xeneral das forzas armadas iugoslavas a Antena 3 TV fomos obxecto de bombardeos durante toda a noite pola mañá, mentres Ramiro Villapadierna intentaba gañar o búnker, estoupou unha granada na cafetería e os cristais craváronselle en todo o corpo tivémolo que sacar nunha cadeira, do mal que estaba a embaixada española enviou un convoi para nos sacar de alí e escoltarnos ata Zagreb, onde nos esperaba un Hércules que se dirixía con destino a España decidimos quedar, permanecer un día máis e cada un tirou para onde puido
Observa as palabras destacadas no texto e indica que teñen en común:
O ultimato dos serbios dicía algo así: “Se as vosas armas son os lapis e as cámaras, as nosas serano as balas e os canóns”. Dito isto comezou a conta atrás. As advertencias non cesaban: “Se denunciades as actuacións do exército serbio, utilizaremos as armas contra todos vós”, declarou un xeneral das forzas armadas iugoslavas a Antena 3 TV. Fomos obxecto de bombardeos durante toda a noite. Pola mañá, mentres Ramiro Villapadierna intentaba gañar o búnker, estoupou unha granada na cafetería e os cristais craváronselle en todo o corpo. Tivémolo que sacar nunha cadeira, do mal que estaba. A embaixada española enviou un convoi para nos sacar de alí e escoltarnos ata Zagreb, onde nos esperaba un Hércules que se dirixía con destino a España. Decidimos quedar, permanecer un día máis e cada un tirou para onde puido.
Son castelanismos.
Son exemplos de impropiedades léxicas porque están mal empregadas.
Son exemplos de imprecisión léxica porque se repite información.
Propón agora solucións para a redundancia "un Hércules que se dirixía con destino a":
un Hércules con destino a
un Hércules que ía con destino a
un Hércules con dirección e destino a
Que solución propoñerías para a acumulación de sinónimos "decidimos quedar, permanecer"?
Suprimir un dos dous para que a expresión sexa máis directa.
Deixalos porque demostran que se coñece moito vocabulario.
Deixalos, porque un aclara o significado do outro.
Escribe unha alternativa para o circunloquio "fomos obxecto de bombardeos durante toda a noite"
Varias das seguintes afirmacións conteñen información repetida. Indica cales son.
Supón que tes que facer unha redacción sobre a infancia e as guerras; da información que che ofrecemos a continuación, selecciona aquela deberías utilizar.
Agora debes indicar cal sería a orde máis lóxica para expoñer a información nesa redacción. Se non ves a pregunta anterior, preme no botón "Mostrar todas as preguntas".
a, d, b, f, g, c
c, b, a, f, d, a
g, c, b, f, d, a
Fíxate nesta oración: "Os danos que as guerras lle ocasionan á infancia son latentes". Dirías que...
É correcta.
É incorrecta porque non emprega vocabulario preciso.
É incorrecta porque contén unha impropiedade léxica: "ocasionan" está mal utilizado, deberían ser "provocan".
É incorrecta porque contén unha impropiedade léxica, "latentes"; esta palabra confundiuse con outra.
Escribe agora a palabra correcta para o lugar de "latentes" na oración anterior: "Os danos que as guerras lle ocasionan á infancia son latentes".