Corrección léxica: precisión 1

Le a información da esquerda sobre a precisión léxica e logo selecciona a alternativa axeitada para cada circunloquio. Cando remates dálle a "Comprobar respostas".

A precisión léxica

Para favorecer a correcta interpretación dos nosos textos, procuraremos empregar un léxico preciso, evitando as palabras que non achegan información nova e que, polo tanto, só serven para encher. A continuación explicamos algúns hábitos que debemos corrixir:

1. Os circunloquios: uso dun grupo de palabras para expresar unha idea que se podería expor cunha soa. Este tipo de expresións habitualmente están constituídas por un verbo comodín + complementos. Exemplos: facer uso de, estar en posesión de, dar comezo a... no lugar de usar, posuír ou comezar, respectivamente.

2. Os sinónimos consecutivos: ás veces, para dar a sensación de que posuímos moitos coñecementos, encadeamos varios termos que significan o mesmo; a nosa expresión perde inmediatez e non gana eficacia con este mecanismo (a non ser que esteamos elaborando un texto de creación). Exemplos: Neste xornal informamos de feitos diarios e cotiáns, que nos afectan directamente. A reforma da empresa é conveniente e aconsellable.

3. As redundancias: consisten no emprego innecesario dunha palabra para completar outra. En exemplos coma subir arriba, progresar cara adiante ou perruca postiza as segundas partes son superfluas, dado que o seu significado xa está incorporado na palabra inicial.

dar un repaso
facer entrega
manter unha entrevista
ser obxecto de ameazas
ser da opinión de
dar por finalizado
proceder á inauguración
facer un investimento
tomar parte en
facer público