|
|||||||||||||
A corrección léxica Nesta parcela imos traballar un problema moi frecuente: a pobreza léxica. Ademais diso, repasaremos castelanismos de uso habitual na nosa lingua. É a manifestación máis evidente de pobreza léxica. Cómpre evitar a repetición abusiva das mesmas palabras ou de palabras da mesma familia léxica. Os principais recursos que podemos empregar para corrixir este problema son os sinónimos, os antónimos e os hiperónimos. Son palabras sinónimas as que posúen un significado semellante ou moi próximo. Con todo, hai que prestar atención ao contexto para seleccionarmos o sinónimo axeitado; por exemplo en As súas obrigas laborais obrigábano a estar lonxe da familia moitos días, queremos solucionar a reiteración obrigas / obrigábano; acudimos a un dicionario de sinónimos e observamos as opcións que nos achega:
Non poderiamos dicir As súas débedas laborais obrigábano a estar lonxe da familia moitos días, xa que, aínda que é unha oración correcta, estariamos modificando substancialmente o significado inicial. Daquela, proporiamos: As súas responsabilidades laborais/ Os seus compromisos laborais obrigábano a estar lonxe da familia moitos días ou As súas obrigas laborais esixíanlle estar lonxe da familia moitos días, por exemplo. A antonimia, emprego de palabras de significado contrario, é outro recurso para ampliar o vocabulario. Resulta especialmente útil para corrixir o abuso da negación. Por exemplo, neste texto:
Se botamos man de antónimos, podemos melloralo:
Finalmente, os hiperónimos son palabras ou frases que posúen un significado xeral capaz de englobar o significado máis concreto doutros vocábulos pertencentes ao mesmo campo semántico. Por exemplo, roupa sería o hiperónimo de saia, xersei, blusa, calcetíns, camisa etc. e permítenos evitar repeticións en contextos como o seguinte: Cando meteu a chave na porta deuse conta de que levaba o pantalón e os calcetíns empapados. Abriu, entrou no cuarto, sacou a roupa e colocouna nunha cadeira para evitar que mollase o chan. 2. Palabras comodín Outra manifestación de pobreza léxica é a utilización de palabras comodín (tamén chamadas palabras baúl ou simplemente comodíns). Son termos de significado tan amplo que encaixan en múltiples contextos. Cousa, tema, facer, dicir, ter, poñer, importante, bo, malo, haber son algunhas das máis frecuentes: Díxonos unhas cousas incribles e eu xa nin sabía como facer. O problema destas palabras é precisamente a súa amplitude e a falta de concreción; debemos procurar outras máis exactas, por exemplo: Contounos unhas historias incribles e eu xa nin sabía como actuar.
|
|||||||||||||
|