Responde o cuestionario. Para saber se está ben fai clic en "Comprobar respostas". Ollo co tempo! Cando remates debes ler a "Valoración global".
Volve escribir a oración substituíndo as conxuncións por outras de igual significado: Quixen chamar os pais de Nacho para saber do seu fillo con parálise cerebral, pero non o fixen porque teño pavor de estar tan preto da decadencia.
Quixen chamar os pais de Nacho co fin de saber do seu fillo con parálise cerebral, mais non o fixen dado que teño pavor de estar tan preto da decadencia.
Quixen chamar os pais de Nacho co fin de saber do seu fillo con parálise cerebral posto que non o fixen así que teño pavor de estar tan preto da decadencia.
Nas oracións que figuran de seguido substituíronse os puntos por nexos. Selecciona a substitución correcta.
Quixen recoller o gatiño da beirarrúa. O meu sentido do ridículo impediume agacharme. Recollelo. Levaba un pantalón de tiro baixo. Veríanseme as bragas.
Quixen recoller o gatiño da beirarrúa pero o meu sentido do ridículo impediume agacharme a recollelo porque levaba un pantalón de tiro baixo e veríanseme as bragas.
Quixen recoller o gatiño da beirarrúa mais o meu sentido do ridículo impediume agacharme para recollelo aínda que levaba un pantalón de tiro baixo e veríanseme as bragas.
Quixen recoller o gatiño da beirarrúa porque o meu sentido do ridículo impediume agacharme a recollelo pero levaba un pantalón de tiro baixo e veríanseme as bragas.
Copia e pega o texto que figura a continuación e logo mellora a súa cohesión; para iso debes empregar os seguintes termos (xa están por orde): dado que, planeta, desempeñan, vulneracións, xéranse, estas, lograr, así como, interveña.
"Cada día millóns de homes, mulleres, nenas e nenos viven baixo a ameaza da violencia armada. As armas están fóra de control e 640 millóns circulan polo mundo e cada ano fabrícanse 8 millóns máis e 16 000 millóns de balas: 2 por cada home, muller, nena e neno do mundo. As armas lixeiras contribúen de forma significativa á pobreza e ao sufrimento e teñen un papel clave nas violacións dos Dereitos Humanos e do Dereito Internacional Humanitario. Fanse máis feridas, mortos, desprazamentos, violacións, raptos e torturas con armas lixeiras que con calquera outro tipo de armas, o que levou ao secretario xeral de Nacións Unidas a cualificalas como "as auténticas armas de destrución masiva". Por iso Amnistía Internacional traballa para ter un Tratado Internacional sobre o Comercio de Armas que poña fin ao descontrol deste negocio e para que o Goberno español goberne para a consecución deste obxectivo."
"Cada día millóns de homes, mulleres, nenas e nenos viven baixo a ameaza da violencia armada. As armas están fóra de control dado que 640 millóns circulan polo mundo e cada ano fabrícanse 8 millóns máis e 16 000 millóns de balas: 2 por cada home, muller, nena e neno do planeta. As armas lixeiras contribúen de forma significativa á pobreza e ao sufrimento e desempeñan un papel clave nas vulneracións dos Dereitos Humanos e do Dereito Internacional Humanitario. Xéranse máis feridas, mortos, desprazamentos, violacións, raptos e torturas con estas que con calquera outro tipo de armas, o que levou ao secretario xeral de Nacións Unidas a cualificalas como "as auténticas armas de destrución masiva". Por iso Amnistía Internacional traballa para lograr un Tratado Internacional sobre o Comercio de Armas que poña fin ao descontrol deste negocio así como para que o Goberno español interveña para a consecución deste obxectivo."
"Cada día millóns de homes, mulleres, nenas e nenos viven baixo a ameaza da violencia armada. As armas están fóra de control así como 640 millóns circulan polo mundo e cada ano fabrícanse 8 millóns máis e 16 000 millóns de balas: 2 por cada home, muller, nena e neno do planeta. As armas lixeiras contribúen de forma significativa á pobreza e ao sufrimento e desempeñan un papel clave nas vulneracións dos Dereitos Humanos e do Dereito Internacional Humanitario. Xéranse máis feridas, mortos, desprazamentos, violacións, raptos e torturas con estas que con calquera outro tipo de armas, o que levou ao secretario xeral de Nacións Unidas a cualificalas como "as auténticas armas de destrución masiva". Por iso Amnistía Internacional traballa para lograr un Tratado Internacional sobre o Comercio de Armas que poña fin ao descontrol deste negocio dado que o Goberno español interveña para a consecución deste obxectivo."
Selecciona os problemas que melloraches no texto anterior:
Agora sinala as solucións que aplicaches para cada problema:
A oración "O tráfico de armas que se produce en Europa"
é un caso de anacoluto, é dicir, está incompleta e, polo tanto, é incorrecta
é incorrecta porque está mal empregado o relativo
é correcta
A oración "O alcalde afirmou que xa se estaba facendo a ponte que afirmara que ía facer"
é un exemplo de pobreza expresiva, porque emprega léxico repetitivo, comodíns e abusa do nexo que
é un exemplo de pobreza expresiva porque repite innecesariamente dúas palabras da mesma familia, afirmou e afirmara
é unha oración incompleta, carece de significado
A mellor alternativa á oración "O alcalde afirmou que xa se estaba facendo a ponte que afirmara que ía facer" é:
"O alcalde afirmou que xa se estaba construíndo a ponte que asegurara que ía edificar"
"O alcalde afirmou que xa se estaba construíndo a ponte que afirmara que ía facer"
"O alcalde afirmou que xa se estaba construíndo a ponte que dixera que ía facer"
A oración "O agresor en Boiro dun rapaz, hoxe, ingresou nun centro de menores pola mañá"
non se entende con claridade porque é moi longa
non se entende con claridade porque a orde dos seus elementos non é axeitada
non se entende adecuadamente porque está mal puntuada
A mellor alternativa para a oración "O agresor en Boiro dun rapaz, hoxe, ingresou nun centro de menores pola mañá" é:
O agresor dun rapaz en Boiro ingresou nun centro de menores hoxe pola mañá.
Hoxe, o agresor en Boiro dun rapaz ingresou nun centro de menores pola mañá.
O agresor en Boiro dun rapaz ingresou hoxe nun centro de menores pola mañá.