Corrección léxica: comodíns

Ao acabares, se queres facer máis exercicios sobre comodíns preme en facer máis; se non, vai ao botón "Seguinte exercicio" da parte superior.

Le con atención as oracións da esquerda. En todas elas aparece en letra grosa unha palabra comodín. Debes corrixilas na dereita introducindo palabras máis precisas. Xa che damos a inicial de cada unha; se aínda así necesitas axuda, podes ir a "Pista" e indicaráseche a seguinte letra, pero perderás puntuación. Cando remates fai clic en "Comprobar respostas".

1. Di mal o erre e sempre se rin del.

2. Díxome unha historia que non acabo de crer.

3. Desde hai catro anos fixéronse seis casas nesta beira do río.

4. Picasso facía cadros cubistas.

5. Vendeu as leiras pero poucos cartos fixo.

6. Pon os libros en orde e logo vaite.

7. Deberías poñer eses cartos nun lugar seguro.

8. Recolle as túas cousas, que marchamos axiña.

9. O compás é unha cousa que serve para orientarse.

10. Houbo un xuízo no que o declararon inocente.

11. Na lista de feridos había varias persoas coñecidas.

12. Paréceme que agora xa non teñen ningunha relación.

13. Tiña unha enfermidade moi grave.
1. P mal o erre e sempre se rin del.
2. C unha historia que non acabo de crer.
3. Desde hai catro anos c seis casas nesta beira do río.
4. Picasso p cadros cubistas.
5. Vendeu as leiras pero poucos cartos g.
6. C os libros en orde e logo vaite.
7. Deberías g eses cartos nun lugar seguro.
8. Recolle as túas p, que marchamos axiña.
9. O compás é un a que serve para orientarse.
10. C un xuízo no que o declararon inocente.
11. Na lista de feridos f varias persoas coñecidas.
12. Paréceme que agora xa non m ningunha relación.
13. P unha enfermidade moi grave.